Evento

"Exposición Astrofotográfica" en Ferrol

2022-09-20
10:00 h
Museo de Historia Natural / Casa do Coronel, praza de Canido
Unha das obras da exposición Astrofotográfica.
photo_camera Unha das obras da exposición Astrofotográfica.
A exposición poderá verse até mediados de outubro no Museo de Historia Natural de Ferrol

Como xa hai varios anos, a Sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural realiza esta exposición que se achega a Ferrol, desta volta.

Está aberta desde a pasada sexta feira 16. Na mostra e recóllense imaxes de astrofotografía de varios autores, entre os cales están varios membros da citada sección e varios colaboradores externos.

Entre estas imaxes pódense ver galaxias, nebulosas, obxectos celestes e fenómenos astronómicos.

A exposición estará aberta até mediados de outubro.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.