Evento

A exposición "O Antropomórfico" recala en Vigo

2022-04-27 a 2022-10-16
11:00 h a 21:00 h
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Rúa do Príncipe, 54
"Escorredoira II", unha das pezas que pertenza a exposición.
photo_camera "Escorredoira II", unha das pezas que pertenza a exposición.
"O Antropomórfico" de Francisco Leiro pode verse no MARCO de Vigo até o 16 de outubre deste ano

Comisariado por Miguel Fernández-Cid, o proxecto formula unha revisión da obra de Francisco Leiro (Cambados, 1957) ao longo das tres últimas décadas: un traballo centrado no antropomórfico, que é sen dúbida un dos eixos da súa produción.

Deixando a un lado calquera sentido ou intención cronolóxica, artista e comisario buscan trazar a relación das obras cos peculiares espazos da planta baixa do MARCO, recorrendo tanto a obras xa realizadas coma a pezas de nova produción, específicas para esta mostra.

A exposición ten a intención de prolongarse até o 16 de outubro deste ano

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.