Evento

Estrea da comedia "Nais" no Auditorio de Rianxo

2022-06-03
21:00 h
Sala Arcos Moldes do Auditorio / Paseo da Ribeira, 120
Eva Iglesias e Inma Morandeira nun momento do espectáculo.
photo_camera Eva Iglesias e Inma Morandeira nun momento do espectáculo.
A obra "Nais" de Destino Bergen Audiovisual e Entre Patas Teatro terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

Nais é unha comedia teatral de Marc Egea, dirixida por Javier Mariño e as interpretacións de Inma Morandeira e Eva Iglesias que personalizan a Carla e Elena.

Ambas mulleres coñécense por casualidade na sala de espera do xinecólogo. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai.

Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional.

Entre elas saltan chispas pero o karma é caprichoso e non será, nin moito menos, a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida.

Comedia de enredo chea de situacións disparatadas na que se confrontan dúas visións antagónicas do mundo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.