Evento

ESPECTÁCULO: Teatro Colón na Coruña: As Mapoulas

2022-04-17
20:00 h
Teatro Colón / Avda. da Mariña, 7 / A Coruña
As-mapoulas-teatro-coruna2
photo_camera Espectáculo Teatro Colón na Coruña: As Mapoulas
ESPECTÁCULO A CORUÑA Laboratorio Escénico As mapoulas. Mulleres libres de Monte Alto - Atocha. Casas refuxio
Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe desde a ficción dun caso particular, baseada nun feito histórico, ao universal. A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dourado, panadeira anarquista de 25 anos, e na súa casa refuxio situada na rúa do Carme, na cidade da Coruña. En primeira persoa, fálanos do amor, da vida das casas refuxio, da militancia, do compromiso, das relacións coas outras compañeiras, do barrio e da liberdade nun contexto de gran represión que finaliza o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial. Creada e dirixida por Carmen Cotelo.