
Excéntricas Producións presenta o seu espectáculo "Cartóons" no Auditorio Municipal Casa Dopeso
Dous tipos abandonados nas marxes. Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa.
O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, como saber cal é a cunca para beber.