Evento

Espectáculo en Pontedeume: "Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo"

2022-09-08
19:00 h
Praza da Calzada
Paco Cerdeira 'Pakolas' nun momento da súa actuación.
photo_camera Paco Cerdeira 'Pakolas' nun momento da súa actuación.
A actuación de Pakolas terá lugar a partir das 19.00 horas na Praza da Calzada de Pontedeume

Espectáculo baseado no libro-CD homónimo (Galaxia) onde se conta e se canta con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incríbel máquina do tempo, o seu mellor invento.

wCon ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor e con enerxías limpas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.