
Cristina Maró, Nerea Garmendia e Rafa Durán son os protagonistas deste espectáculo que poderá verse na Praza do Concello de Nigrán
Introducido por Rafa Durán, 2 mulleres + 1 de bandeiras é un espectáculo onde as dúas actrices falan das súas calamidades e de como as converten, grazas ao seu positivismo, nunha arma para enfrontar a vida.
Cóntannos experiencias sobre o amor, a vida e as súas enfermidades. Nerea Garmendia ten epilepsia e xordeira e Cristina Maró esclerose múltiple.
As dúas, a pesar das súas doenzas, saben ver o positivo da vida e utilizalo ao seu favor.