
Paula Carballeira presentará o seu espectáculo Contos que me contaron, englobado dentro do Certame Falando a boca chea 2022 da Coruña.
A cita terá lugar no Auditorio do Fórum Metropolitano , a partir das 20.30 horas.
"Cando era meniña non me contaron moitos contos, mais se me abriron as portas a moitas intrigas que me fixeron buscar as historias onde podía: nos libros, nas voces dás persoas que coñecía ou descoñecía", di Paula Carballeira.
Despois de dedicarse á narración oral como profesión, oficio artístico, desde hai máis de vinte anos, Carballeira descubriu que os contos véñenlle a ela. Son contos que comparten as persoas que precisan lembrar e que queren que se lles lembre, que falan de quen somos, de onde vimos.
Dalgunha maneira, responden as grandes preguntas, gardan misterios, perseguen facer sorrir, rir, mais, sobre todo, buscan facer sentir a gusto, en boa compaña.