
A presentación de "Blues de Medianoite" terá lugar na Terraza do Auditorio da Universidade de Compostela
Blues de Medianoite é un espectáculo nocturno de danza, música, teatro e luz.
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.
Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos.
A chamada da terra que pon en valor as grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que vén directamente de África.