Evento

Espectáculo en Cambre: "Ghop!" de Teatro Ó Cubo-Urdime

2022-09-09
18:30 h
Parque da Igrexa / Rúa Adro, 2 / Rúa Alexandre Bóveda 44
Teatro Ó Cubo-Urdime.
photo_camera Teatro Ó Cubo-Urdime.
O espectáculo de Teatro Ó Cubo-Urdime terá lugar a partir das 18.30 horas no Parque da Igrexa de Cambre

Sofía Espiñeira, Noel Fandiño e Roberto Casal (Teatro Ó Cubo ) interpretan Ghop!, un espectáculo de teatro de rúa, circo e variedades áxil, participativo e cheo de humor.

Un berro cheo de enerxía…Ghop! Un berro cheo de ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas das vilas e aldeas.

Os tres protagonistas vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Para todos os públicos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.