Evento

Espectáculo en Betanzos: "The Witch, un espectáculo ritual" con Diana Sieira

2022-09-09
20:30 h
Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo do Antigo Reino da Galiza / Praza da Galiza, 1
Diana Sieira protagoniza esta obra na que interactúa co público asistente.
photo_camera Diana Sieira protagoniza esta obra na que interactúa co público asistente.
O espectáculo terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo do Antigo Reino da Galiza a partir das 20.30 horas

Coa interpretación de Diana Sieira e as voces en off de Manuel Lourenzo e Marita Martínez, The Witch conta a historia dunha das miles de mulleres acusadas por bruxaría na Idade Media.

A través dunha dramaturxia fragmentada verase a actriz que relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; a menciñeira ocupada entre plantas e ungüentos; e a muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá parada.

Neste proceso o público interactuará e, a modo de xogo, realizará pequenos rituais desde a súa butaca para que, cando chegue o final, poida responder se quere queimar a bruxa ou se desexa a súa liberación.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.