Evento

Encontro na rede: "Identidade" de Margarita Ledo Andión

2022-09-06
20:30 h
A través da plataforma dixital Zoom
Margarita Ledo Andión participa deste sexto encontro do ciclo.
photo_camera Margarita Ledo Andión participa deste sexto encontro do ciclo.
O encontro englóbase dentro do ciclo Ler Mulleres Galegas e poderá seguirse a través da plataforma dixital Zoom

Sexto encontro virtual do ciclo Ler Mulleres Galegas, coordinado por Micaela Fernández Darriba, e no que baixo o título de Identidade participará, desta volta, a xornalista, escritora, cineasta e catedrática Margarita Ledo Andión, despois de que Luz Darriba, Manae Rodríguez, Helena Villar Janeiro, Rexina Vega, Raquel Queizás e Soledad Felloza, entre outras, participaran dos encontros anteriores decorridos antes do verán.

Organizado desde Bos Aires, a actividade será retransmitida en directo desde a plataforma dixital de Zoom e quen o desexe poderá unirse á mesma.

Deberá empregar o ID de reunión 822 1440 7145 e o código de acceso 804388.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.