
A proxección do documental "Semente de Berrar: 40 anos de ruído e rúa" de Iago Santás terá lugar no Cineclube Padre Feixoo de Ourense
O documental trata de recuperar a memoria da sociedade galega a través de movementos contraculturais ligados á música e á cultura dende os anos 80 até a actualidade.
Recolle o ruído, a voz e a música de Julián Hernández (Siniestro Total), Sime (Keltoi), Esteban, Pablo, Kino, Gontxu y Max (Skacha), Violeta e Ánxela (Bala) ou Pili Dios (Desvirgheitors) entre outros moitos grupos.