
Dirixido por Marcos Nine, gañou o premio ao mellor documental nos XX Mestre Mateo
A Casa da Cultura Olga Novo, en A Pobra do Brollón, acolle a proxección do documental “A Virxe Roxa“ dirixido por Marcos Nine e gañadora dos Mestre Mateo.
Trátase dun relato documentado sobre a vida de Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política e pioneira do feminismo en España. O acceso é de balde.