Evento

Documental en Betanzos: “Ocupación S.A.”

2022-04-21
20:00 h
Asociación Lar de Unta / Rúa Pescadería, 3
Daniel Seixo estará presente no posterior coloquio.
photo_camera Daniel Seixo estará presente no posterior coloquio.
O documental “Ocupación S.A.” poderá verse na Asociación Lar de Unta de Betanzos

Proxección do documental Ocupación S.A. (2020) que é o retrato dunha traizón. Cun enfoque minucioso e inédito, o documental expón os nomes e apelidos dos empresarios e políticos españois involucrados na explotación económica do Sáhara Occidental, a última colonia de Africa e un dos territorios mais violentos, militarizados e censurados do mundo.

As testemuñas recollidas neste documental tamén revelan a cadea de silencios e mentiras que empeza nos centros de poder europeos e remata nas cidades ocupadas por Marrocos, onde mulleres e homes saharauís resisten á negación dos seus dereitos.

Posteriormente haberá un debate aberto con Daniel Seixo, sociólogo, xornalista e membro do Colectivo Mar de Lumes