
Co seu enxeño e encanto habituais, Mark Twain, un dos grandes escritores do noso tempo, presenta a historia do Xardín do Edén cun Adán criatura de costumes e unha Eva exploradora.
O autor escribira nun inicio o diario de Adán onde analiza a presenza da primeira muller e como nace un novo sentimento que, até o momento da aparición de Eva, non tiña experimentado.
Anos despois, logo da morte da súa muller, escribiría o diario de Eva a modo de lembranza de quen fora a súa compañeira de vida. Describiu unha Eva esperta, curiosa, unha criatura de notábel atractivo.
A compañía propón un paseo musical da voz de Eva e Adán, coa música en directo de Xosé Lois Romero e baixo a atenta mirada de Roberto Leal.