
As últimas xornadas contarán con autores como Anxo Muiños, María Reimóndez ou Sara Lueiro
A Feira do Libro en Compostela está a piques de rematar. Nestas últimas xornadas, a programación é a seguinte:
- Sara Lueiro e Sara Valcárcel asinan ás 12 horas na caseta da libraría Agrasar, á mesma hora María Reimóndez na caseta da libraría Pedreira. Xesús Rábade Paredes presenta novo libro editado por Galaxia.
- Alfonso Barreiro asina ás 17.30 na caseta da libraría A Gata Tola. Ao mesmo tempo, Alberto Hontoria e Nuria Díaz presentan novo libro de Hércules Edicións.
- Ás 18 horas Carlos Callón asina na caseta da libraría Pedreira e á mesma hora Nuria Díaz na da libraría Agrasar.
- Ás 18.30 Kiko da Silva asina na caseta da libraría A Gata Tola e á mesma hora Miguel Alonso presenta o seu último libro (Belagua Edicións).
- Ás 19, Beatriz Estévez asina na caseta da libraría Ler, Anxo Muiños na da libraría Aenea e Antía Yañez na da libraría Pedreira. Á mesma hora presenta Rodrigo Costoya (Espasa Edic.)...