Evento

"DeMente" de Fran Sieira chega a Compostela

2022-05-20
20:30 h
Teatro Principal / Rúa Nova
O elenco que conforma a obra nunha escena desta.
photo_camera O elenco que conforma a obra nunha escena desta.
A compañía de danza Fran Sieira presenta a súa nova obra "DeMente" no Teatro Principal de Compostela

DeMente é unha obra de baile e música tradicional que quere amosar a realidade, o estigma, as patoloxías, a reclusión practicamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas, os suicidios, a explotación da enferma, ou “os almacéns de humanos”.

A doenza que segundo a OMS sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.