Evento

Debate en Compostela con Francisco Rodríguez e Ramom L. Suevos

2022-09-22
20:00 h
Vide, Vide / Rúa Fonte de Santo Antonio, 10
Ramom L. Suevos e Francisco Rodríguez, autores da obra.
photo_camera Ramom L. Suevos e Francisco Rodríguez, autores da obra.
O debate xirará en torno á obra "Vixencia de 'Problemática nacional e colonialismo. O caso galego" e terá lugar a partir das 20.00 horas

Con motivo do lanzamento por parte da Tempo Galiza Editora da segunda edición desta obra (orixinalmente publicada en 1978 en Xistral), a asociación O Galo reúne os seus dous autores para analizar a vixencia da súa obra e de como o recollido nela segue a estar de actualidade.

O debate será introducido pola presidenta da entidade, María Antonia Pérez.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.