
"As leis sobre memoria e a impunidade franquista" contará coa presenza da activista Rosa García
O debate, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, falará da situación de impunidade que no Estado español existe cos represores do franquismo e a busca de xustiza por parte das súas vítimas.
Moderado por Antía Rocha e introducido por Carlos Babío, o debate contará con Rosa García, activista da Comuna de Presos do franquismo e membro do Encontro da Memoria.