
Entremáns presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia, un proxecto no que a idea fundamental é acercar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa empregando a plástica, as imaxes e o son nunha combinación audiovisual expresiva.
O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 años, cunha linguaxe moi atractiva e sumamente coidada.
Segundo espectáculo infantil desta compañía, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga.
Afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta. Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez son as responsábeis da dirección, coreografía e interpretación desta peza que é acompañada polas voces en off de Ramiro Neira e da propia Estefanía Gómez.