
"Blues de Medianoite" de Alba Fernández: solo de danza contemporánea no exterior de NORMAL
A danza Blues de Medianoite terá lugar no exterior de NORMAL (Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña).
Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min. Blues de Medianoite entra no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento, na música e nos instintos.