Evento

Danza na Illa de Arousa: "Leira" da Compañía Nova Galega de Danza

2022-08-05
21:00 h
Edificio de Usos Náuticos / Lugar Bao, 1
O espectáculo desenvólvese por riba dun escenario de terra.
photo_camera O espectáculo desenvólvese por riba dun escenario de terra.
O espectáculo da Compañía Nova Galega de Danza terá lugar no Edificio de Usos Náuticos da Illa de Arousa

Leira chega á Illa despois de lograr un dos premios máis recoñecidos das artes escénicas estatais en 2021 (Premio Max ao Mellor intérprete masculino de danza) e a compañía acaba de ser recoñecida co Premio da Cultura Galega outorgado pola Xunta da Galiza.

O corpo de danza de Leira está composto por catro bailaríns da Compañía (Inés Vieites, Estefanía Gómez, Pablo Sánchez e Iván Villar), e desenvolve unha coreografía na que os artistas xogan cunha escenografía minimalista sobre un chan de terra, unha terra que remata sendo unha protagonista máis da proposta escénica.

Baixo a dirección de Jaime Pablo Díaz, súmanse á obra o compositor musical Sergio Moure e a intérprete musical Rosa Cedrón.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.