
Maria R. Soares e Antonio Marotta son os protagonistas de "Void Void Void", que terá lugar no Teatro Rosalía Castro
Void Void Void é unha tentativa de crear unha paisaxe cósmica onde a acción física e a acción sonora son traballadas e abordadas no mesmo campo creativo, procesual e metodolóxico.
O proxecto, aínda en proceso, preséntase en formato performance onde se pensa, se observa e se actúa no espazo considerando sempre a súa dimensión sonora e física coas súas variacións e extensións.
O espectáculo de danza Void Void Void terá lugar no Teatro Rosalía Castro a partir das 20.20 horas.