
A coreógrafa Poliana Lima presenta "As cousas móvense pero non din nada" no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
As cousas móvense pero non din nada é unha peza de danza que se apoia sobre as ideas da permanencia e a insistencia. Foi creada pola coreógrafa Poliana Lima.
Interpretada exclusivamente por un elenco feminino, a peza evoca os procesos de transformación e repetición da natureza sen facer alusión á figuración da escena.