
EIahood é unha compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport no ano 2017.
A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional, sosteñen unha visión artística clara e directa, caracterizada pola súa linguaxe visual e musical cunha mirada cara fóra.
O proxecto Nó lanza unha mensaxe contraditoria e anima ao público a descifrala por el mesmo.
O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e sumamente coordinada que atende a unha musicalidade concreta cunha aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto, a voz e a ironía.
A danza poderá verse no Teatro Rosalía Castro da Coruña a partir das 20.30 horas.