
A danza "Leira" poderá verse na Praza do Concello de Carballo a partir das 22.00 horas
Leira, dirixida por Jaime Pablo Díaz, mostra como o corpo e a terra estreitan sentimentos nun remuíño de música e baile que transporta á dura beleza dos traballos do campo.
A muller no centro desta conexión telúrica, día e noite, xornada tras xornada, nunha sucesión inesgotábel de estacións.
O sol, o vento frío, a chuvia, as paisaxes habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que bailan entre sucos arados na terra.