
Inspirada na obra e na figura da recoñecida autora Xela Arias (galardoada coas Letras Galegas 2021), Intempestiva é un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con 17 minutos de duración.
A proposta conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, con Gena Baamonde na dramaturxia escénica e co espazo sonoro a cargo de LLXNTO & Bruno Baw.
Como a poesía de Xela, Elahood sempre está na dúbida de cal é o lugar correcto, rexeitando as formas tradicionais e mostrando unha certa rebeldía na súa creación.
Un limbo no que costa atopar o equilibrio, apostar por unha linguaxe persoal que atende a creación contemporánea baixo os movementos culturais urbanos.
Os puntos de encontro constrúen o resto.