
A mostra "Vermello do cinabrio. Miniaturas xilográficas" ofrece 150 pezas xilográficas expostas na Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC
Damián Bravo é un artista plástico polifacético e independente, agora veciño de Betanzos, que ofrece 150 pezas xilográficas ao redor da cultura, gastronomía, literatura, xeografía, lembranzas e a vida mesma.
Baixo o nome de Vermello do cinabrio. Miniaturas xilográficas, a mostra estará exposta na Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC de Betanzos até o 30 de xuño.