Evento

Contos en Carral: "Botando a lingua a pastar" de Cándido Pazó

2022-09-23
21:00 h
Local Social Xente Nova / Tarroeira, 16, Tabeaio
O humorista Cándido Pazó a voltas coa lingua.
photo_camera O humorista Cándido Pazó a voltas coa lingua.
O espectáculo narrativo de Cándido Pazó terá lugar a partir das 21.00 horas no Local Social Xente Nova

Cándido Pazó narra contos tirados da tradición oral, motivos adaptados da literatura ou historias de creación propia.

Estamos diante dun espectáculo que ten como fío condutor principal a lingua galega (curiosidades, uso, normalización e perspectivas) desde un punto de vista filolóxico divulgativo, cultural, humano ou emocional, pero sempre co humor e a empatía oral como mecanismo de conexión co público.