Evento

Contacontos "A bruxa supersónica" en Vigo

2022-04-12
18:30 h
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel / Rúa Joaquín Yáñez, 6
A contacontos Marisa Irimia nunha actuación.
photo_camera A contacontos Marisa Irimia nunha actuación.

Para celebrar o Día Internacional dos Voos Espaciais, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel propón unha actividade literaria.

O evento consiste nunha narración oral no que a protagonista é unha muller de armas tomar, con carácter, bruxa e intrépida piloto que consegue voar polo espazo.

Recomendada para nenos e nenas cunha franxa de idade comprendida entre os 4 e 11 anos. A entrada é de balde e comeza a partir das 18.30 horas.