
A música no Circo de Artesáns é unha conferencia con audicións musicais impartida por Margarita Viso, profesora, compositora, pianista e musicóloga e por Nilo Jesús García, profesor, clarinetista e director de orquestra.
A música era imprescindíbel para calquera actividade tanto social como cultural do Circo. Isto tiña unha proxección para o exterior como a organización dos entroidos da cidade.
A música estaba presente, como ben di o nome da Sociedade, non só recreativa, senón tamén na parte instrutiva coas aulas de instrumentos a cargo dos músicos do Circo para os fillos do socios.
Alén diso, estes profesores era intérpretes de música de cámara de grande cualidade, como Pillado ou Castro Chané, deixando unha intanxible herdanza.