
Budiño publica en 2019 Fulgor, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. Un universo moderno con un pé na raíz e outro no abismo, o da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.
Pisar terra e querer tocar ceo. O disco vén armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas dun novo universo.
Budiño soubo rodearse de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son alén das fronteiras de Jairo Zavala e o sotaque luso africano de Luiz Caracol. Tamén é máis que destacábel a participación do Cuarteto Quiroga, recentemente proclamado gañador do Premio Nacional de Música.