Evento

Concerto en Vigo de Felipe Villar Trío

2022-09-06
21:00 h
A Jam da Casa de Arriba / Rúa Martín Códax, 23
Felipe Villar e o seu trío actúan nesta terza feira en Vigo.
photo_camera Felipe Villar e o seu trío actúan nesta terza feira en Vigo.
O trío do guitarrista Felipe Vilar será o encargado de abrir a Jam Session desta semana

Despois de celebrar, o pasado día 30 de agosto, o seu décimo aniversario, a actividade musical retómase neste emblemático local, xa histórico do ocio e a cultura viguesa.

E faino co guitarrista Felipe Villar, que volta á Casa de Arriba co seu trío habitual que se completa con Jose Manuel Díaz, ao contrabaixo, e Roi Adrio na batería.

Xuntos interpretarán temas de Cedar Walton, de McCoy Tyner e Horace Silver ou Joe Henderson.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.