Evento

Concerto en Vigo: actuación da Cé Orquestra Pantasma

2022-09-13
18:00 h
Canido, San Miguel de Oia
Cé Orquestra Pantasma.
photo_camera Cé Orquestra Pantasma.
O espectáculo da Cé Orquestra Pantasma terá lugar a partir das 18.00 horas en Canido

Dentro das actividades das festas do barrio de Oia, temos a actuación de Cé Orquestra Pantasma, precedida das tradicionais cucañas.

César Freiría, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais, comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional, e desde aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou a banda de punk Oxtiax Ke Te Pariu.

Desde comezos do verán de 2008, este músico leva percorrido toda a xeografía galega a un ritmo de máis de 150 concertos ao ano, paseando polos mellores festivais e festas do país carrexando ás costas a súa proposta: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto unipersoal e versátil.