Evento

Concerto en Tui de Pakolas: “Ramona órbita“

2022-04-21
18:00 h
Carpa da Corredoira
Pakolas co seu rock para xente miúda.
photo_camera Pakolas co seu rock para xente miúda.
Pakolas achega a Tui o seu novo espectáculo musical, que poderá verse na Carpa da Corredoira

Dentro do ciclo Cores, Contos e Rock´n´Roll, chega Pakolas co espectáculo Ramona Órbita, a dona do tempo, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento.

Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas. A través das cancións descubrimos mundo.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.