Evento

Concerto en Tui: o grupo Nacho Faia Lar tocará na cidade

2022-05-04
20:30 h
Teatro Municipal / Rúa Colón, 2
Os integrantes do grupo: Nacho Muñoz, Faia Díaz e Lareira Legido.
photo_camera Os integrantes do grupo: Nacho Muñoz, Faia Díaz e Lar Legido.
Nacho Faia Lar presentan "De não saber o que me espera" no Teatro Municipal de Tui

Quen son Nacho Faia Lar? Tres referentes da vangarda musical galega únense neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso: Nacho Muñoz, da agrupación de postpunk viguesa Igmir, que está ao teclado e electrónica; Faia Díaz, integrante do proxecto De Vacas, na voz; e Lar Legido, do grupo palentino Sumrrá, na batería.

Destaca a especial mirada artística da cantora Faia Díaz sobre unha selecta selección de temas do artista portugués.

Entre todos fan deste traballo un diálogo musical transfronteirizo que vai máis aló do espazotempo.

Os artistas ofrecerán unha mirada transgresora e contemporánea sobre o repertorio do músico Zeca Afonso.

Propoñen así a súa propia revisión do traballo do artista portugués, ademais do popular tema Grândola.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.