Evento

Concerto no Porriño: "Camiño Longo" de Treixadura

2022-09-22
22:00 h
Rúa Domingo Bueno
O grupo Treixadura leva 25 anos compartindo o seu facer musical.
photo_camera O grupo Treixadura leva 25 anos compartindo o seu facer musical.
O concerto de Treixadura terá lugar a partir das 22 horas na Rúa Domingo Bueno do Porriño

Treixadura constitúe desde 1990 un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico.

Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional: 25 anos de gravacións e concertos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.