
Iván Fernández Soto interpretará "Aires galegos" no ciclo Híbridas de Santa Clara de Pontevedra
Aires galegos é o título do último álbum de Iván Fernández Soto e tamén deste recital no que se ofrecerá unha viaxe sonora por obras inspiradas na música tradicional de Galiza.
No programa figuran unha selección de Baladas Galegas, de Xoán Montes; as pezas 'Novos aires galegos' e 'Aires Galegos', de Andrés Gaos; a 'Fantasía sobre un tema popular' e tamén a 'Fantasía sobre O Galopín', obras de Juan Durán; ademais de 'Soatiña', peza de Rogelio Groba.