Evento

Concerto na Pobra do Caramiñal de Uxía Lambona e a Banda Molona

2022-08-11
20:30 h
Cantón da Leña
Uxía Lambona e a Banda Molona na gravación dun vídeo.
photo_camera Uxía Lambona e a Banda Molona na gravación dun vídeo.
O concerto "Astronauta sideral" terá lugar no Cantón da Leña a partir das 20.20 horas

Uxía Lambona e a Banda Molona recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina cun toque de rapa até O Jato con aires de rock.

Amais de outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango.

Todos eles moi dinámicos, facendo que todos os [email protected] presentes sexan partícipes deste des-concerto cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Uxía Lambona e a Banda Molona, nacida no ano 2014, está formada por Pali ao baixo, Ñoc na batería, Diego encargándose da gaita e frauta, Serghaño na guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía diante do micrófono cantando e animando o concerto.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.