
O concerto englóbase dentro do IX Festival Internacional de Arpa Vila de Noia e terá lugar a partir das 20.00 horas na Igrexa de Santa María a Nova
A cantante de orixe polaca residente na Galiza e o arpista compostelán Manuel Vilas únense neste concerto enmarcado dentro do festival da arpa que estes días está a decorrer na vila de Noia.