
A Banda da Loba actuará na Ramallosa para presentar o seu cuarto disco "Xabón Lagarta"
Nigrán acolle o concerto estrea da nova xira da Banda da Loba, grupo feminino que revolucionou no 2017 o panorama musical galego.
Xabón Lagarta é o seu cuarto disco, inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros.