Evento

Concerto en Neda dos Jarabetas para celebrar o XV aniversario do Lagar do Camiño

2022-09-06
20:00 h
O Lagar / Avda. de Alxeciras, 17
Os Jarabetas.
photo_camera Os Jarabetas.
O concerto dos Jarabetas terá lugar a partir das 20.00 horas no Lagar

O Lagar do Camiño está de celebración, xa que vén de cumprir o seu decimoquinto aniversario, sendo xa todo un referente da comarca de Ferrolterra.

E a festa celebración será por todo o alto contando como evento principal do concerto de Os Jarabetas.

Este trío musical, tamén de Neda, naceu durante o confinamento, baixo o nome inicial de Tabernikola trio, e tivo un verán cheo de actuacións participando, entre outras, nas festas da praia dos Pinares, no Chamizo da Campa en Seselle, nas festas da Graña ou, mesmo, no polideportivo do Rosal, coma teloneiros de Zest.

Mais desta volta serán o grupo principal que desde as 20 horas amenizará este aniversario tan especial.