Evento

Concerto de Mercedes Peón en Compostela

2022-04-23
20:30 h
Auditorio da Galiza / Av. do Burgo das Nacións, s.n.
Concerto da xira de Mercedes Peón.
photo_camera Concerto da xira de Mercedes Peón.
Mercedes Peón presenta “Osmose” no Auditorio de Galiza

Chega a Santiago de Compostela o novo traballo de Mercedes Peón: Osmose.

A osmose é un fenómeno físico polo que unha materia medra ou muda de densidade ao pasar a través dunha membrana.

Facendo metáfora, Mercedes Peón constrúe un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas.

A peza está participada e atravesada pola obra Nación, de Margarita Ledo, e as protagonistas son as traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas.

O público asistirá a unha intervención de luz en directo que permitirá ás artistas improvisar, emocionar e crear unha dramaturxia sonoro-visual conmovedora.

Planifícase un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva con imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos sen xénero.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.