Evento

Concerto en Ourense: "Levantarse e caer" de Xabier Díaz

2022-06-02
20:00 h
Teatro Principal / Rúa da Paz, 9
Xabier Díaz achega o seu traballo nesta quinta a Ourense.
photo_camera Xabier Díaz achega o seu traballo nesta quinta a Ourense.
Xabier Díaz presenta o seu novo disco en solitario "Levantarse e caer" no Teatro Principal de Ourense

Presentación en Ourense do novo disco en solitario de Xabier Díaz: Levantarse e caer.

O disco afonda nos sentimentos de benestar, autocoñecemento e bondade, e na relevancia das experiencias infantís na construción dos nosos eus adultos.

Díaz canta aos que o sistema considera perdedores, cando en realidade é que nada garante que ser primeiro ou segundo vaia facerte máis feliz que ser penúltimo ou último, analizando a relativización do concepto occidental da palabra éxito.

Este novo disco combina arrolos de composición propia con temas nos que o artista tende unha liña entre a infancia e a madurez.

A fina liña entre o éxito e o fracaso, a importancia de aprender a gañar e perder dentro da felicidade e a relativización do concepto de triunfo, esta é a verdadeira definición do título do disco, Levantarse e caer.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.