Evento

Concerto en Guitiriz: "Camiño da vida tola" de Carapaus

2022-09-14
11:30 h
Barrio de Curro Vello
O 'Camiño da vida tola' de Carapaus fai parada hoxe en Guitiriz.
photo_camera O 'Camiño da vida tola' de Carapaus fai parada hoxe en Guitiriz.
O espectáculo musical de Carapaus terá lugar a partir das 11.30 horas no Barrio de Curro Vello

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán de 2010.

Intégrano cinco compoñentes: Emilio Lois (gaitas), Gustavo Couto (tambor e voz), Cristina Cotilla (bombo e voz), Natalia Lodeiros (saxo soprano e voz), David Álvarez (acordeón) e Oli Xiráldez (frautas).

Camiño da Vida Tola pretende pór en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Santiago de Compostela.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.