Evento

Concerto en Ferrol de Maina Materia

2022-04-21
21:00 h
Teatro Jofre / Praza da Galiza, s.n
Os integrantes do grupo Maina Materia.
photo_camera Os integrantes do grupo Maina Materia.
Maina Materia protagoniza a axenda cultural de Ferrol 

Maina Materia son Lida India, Eugenia Sanmartín, Carmen Sixto, César Yáñez e Fran Funkasta.

As cinco nacen na comarca de Ferrolterra-Ortegal, nesta Galiza onde a choiva é arte. Pero temos o sol na cabeza e saímos á rúa sen paraugas.

Todas somos músicas de moito camiño en directos: Fran vén de tocar en bandas de rock, César ten un percorrido desde a música trad até os ritmos afros, cubanos e brasileiros que imprime na banda. Carmen vén de poñer teclas e voces nunha banda de rock e de cantar xunto a outra pianista. Eugenia fixo camiño en Madrid con grupos de son cubano, estándares de jazz, blocos de percusión afrobrasileira e bandas de MPB. E Lida nutriu a súa música en Brasil, tivo varias formacións desde a súa volta e colaboracións con outros proxectos.