Evento

Concerto en Compostela: "Levaino!" de Xurxo Fernandes

2022-06-23
20:00 h
Praza de Mazarelos
Xurxo Fernandes presenta o seu novo disco, 'Levaino!'.
photo_camera Xurxo Fernandes presenta o seu novo disco, 'Levaino!'.
Xurxo Fernandes presenta o seu novo traballo na Praza de Mazarelos de Compostela

Xurxo Fernandes é un creador e artista coruñés cunha extensa traxectoria no ámbito da etnografía e das músicas de raíz.

Como intérprete é unha das voces máis singulares do panorama actual, capaz de innovar minuciosamente desde a tradición grazas ao seu vasto coñecemento do eido da creación popular colectiva.

Levaino! é o novo traballo de Xurxo e exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata na Galiza, presentando os vínculos que unen ambas as tradicións orais.

Cunha voz cálida, potente e chea de matices e expresividade, Xurxo Fernandes móvese con gusto e perfección polo cromatismo propio destas dúas ricas e variadas tradicións orais, investigando ambas as culturas a través da sonoridade, mergullándonos na paisaxe.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.