Evento

Concerto en Compostela: "Costuras" de Guadi Galego

2022-09-24
20:30 h
Teatro Principal / Rúa Nova, 21
Guadi Galego fecha a sua xira 'Costuras' hoxe en Compostela.
photo_camera Guadi Galego fecha a sua xira 'Costuras' hoxe en Compostela.
O concerto de Guadi Galego terá lugar a partir das 20.30 horas no Teatro Principal de Compostela

Incluído dentro da programación do Festival Maré música e artes atlánticas, Guadi Galego fecha a súa xira de presentación do seu traballo Costuras, que a levou por toda Galiza e por distintas localidades de Portugal e do Estado español, convidando a participar no escenario artistas amigas.

Deste modo, compartirá música e despedida con Paula Grande, Olatz Saklvador, Silvia Quesada, Alfredo González e Álex Insua.

Costuras é o quinto disco en solitario de Guadi Galego. Contén tres colaboracións de dúas poetas -Antía Otero e Mariña Oural- e dunha cantante, a catalá Paula Grande.

É unha viaxe desde mundos asociados á infancia até o presente máis duro e á vez esperanzador.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.