Evento

Concerto de Caamaño&Ameixeiras en Barro

2022-09-02
20:00 h
Pazo da Crega / Lugar de Canai, 1
Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño forman este dúo musical.
photo_camera Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño forman este dúo musical.
O concerto de Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño terá lugar no Pazo da Crega a partir das 20.00 horas

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.

De natureza principalmente instrumental, aínda que tamén teñen incorporando algún tema vocal coidadosamente escollido.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.